Xa está na rúa o número 90 da publicación Barrios.

Barrios 90

Na portada sacamos ao Yosi, líder do grupo Los Suaves que vén de presentar o seu libro «Canciones, algún desliz y dos o tres fotografías» congregando a un gran número de seareiros. A Ínsua dos Poetas celebrou o Día da Auga, a Árbore e a Poesía con centos de escolares. O Club Ourense Baloncesto mantense en postos de playoff a pesar da derrota fronte ao Palma. E entrevistamos a Juan Rivas, un dos organizadores da Ourense ICC Week, que terá lugar en Ourense do 2 ao 7 de abril.

Como xa anunciaramos estas semanas sacares información sobre as eleccións; nesta ocasión falamos das listas de todos os partidos políticos que se presentan ao Congreso e ao Senado; en Ourense son 13 para a Cámara Baixa e 12 para a Cámara Alta.

Democracia Ourense denuncia o «lamentable» estado da rúa Nosa Señora da Saínza. Ourense sumarase aop pacto polo clima. OUeC, pide un pacto para loitar contra o desemprego. Está aberto o prazo de inscrición para solicitar acoller nenos saharauis durante o período estival.

A Ateneo de Ourense conmemorou os 50 anos de vida nun acto que acolleu a numerosos simpatizantes e socios; reclaman unha sede permanente. O PSOE tilda de «chapuza» as obras no parque da Ponte. Rendiuselle unha homenaxe ao expresidente da CEO José Manuel Pérez Canal.

No Carballiño estanse a acometer reformas no parque Infantil da Alameda. Un novo tendido e iluminación no barrio da Toscaña de enriba. Numerosa participación nos obradoiros da biblioteca que continuarán no mes de abril. Ademais un obradoiro sociosanitario formou durante cinco meses a 15 desempregados.

En deportes, a Unión Deportiva Ourense suma catro derrotas consecutivas na Terceira división. O derbi na Segunda B de fútbol sala entre Sala Ourense e Pizarras Los Tres Cuñados decantouse do lado valdeorrés. A marcha acaparou gran parte do Trofeo Aurum celebrado no Campus Universitario.

Alfredo Conde será fillo predilecto da provincia. O Pórtico do Paraíso logrou un gran éxito de público e calidade dos grupos participantes.

Artigos, clasificados, axenda e máis no número 90 de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha