O pavillón celebra o seu aniversario con diversas actividades.

50 anos de pavillón dos Remedios

O pavillón municipal dos Remedios celebra este venres, 31 de maio, medio século de historia viva na cidade. Daquela final da Copa de España entre o Joventut de Badalona e o Real Madrid que servía como acto inaugural destas instalacións, xa pasaron 50 anos, e para conmemoralos o deporte ourensán bríndanos esta fin de semana unha intensa axenda de actividades na que participarán moitos dos clubs da cidade que desenvolven a súa práctica deportiva nesas instalacións. O venres ás 20 horas celebrarase un acto, na cancha central, para lembrar este aniversario.

Actividades
– 17:30 horas. Módulo de Atletismo.
Competición Aberta de Atletismo.
– 18 horas. Piscina Rosario Dueñas.
Escolas de natación, salvamento acuático, waterpolo e natación sincronizada.
– 18 horas. Cancha exterior.
Inchables para nenos.
– 18 horas. Anexo.
Escolas deportivas: ABO, baloncesto feminino e Vólei.
– 18 horas. Cancha central.
Xornada de portas abertas de ximnasia.
– 19:45 horas. Cancha central.
Concentración de clubs.
– 20 horas. Cancha central.
Acto do 50 aniversario.
– 20:30 horas. Cancha central.
Partido Sala Ourense FS vs. Selección Equipos Federados Ourense
– 22 horas. Canchas exteriores.
Música en vivo.

Actividades Sábado 1 de xuño
– 09 horas. Campo de fútbol Miguel Ángel.
Torneo Fútbol8 pre-benxamín e iniciación.00009:00 horas. Cancha central. Mostra Escolas deportivas de Ximnasia.
– 10 horas. Cancha central.
Escalada.
– 10 horas. Anexo.
Escolas de balonmán.
– 16 horas. Anexo.
Exames de grao Wu-Shu e Exhibición Selección Galega.
– 16 horas. Cancha central.
PlayOff ascenso 1ª división: Cidade das Burgas vs. La Concordia.
– 18 horas. Cancha central.
Ourense Envialia FSF vs. Majadahonda FS.