Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 97

Nesta ocasión, e pasada xa as elección, chego o turno das negociacións para os posibles pactos tanto nos concello como na Deputación. De aí que a portada saían varias formacións que están negociando para buscar gobernos municipais coma o provincial.
Tamén na portada hai espazo para o deporte. E é que esta fin de semana se celebra o 52º Rali de Ourense no que están inscritos 93 equipos. Ademais o COB caeu eliminado na semifinal da final a catro ante o Palma.
Por outra banda, en Allariz visitaron máis de 3.000 persoas os xardíns do FIXA que este ano está adicado ao cine.

En canto aos pactos facémos eco dos posibles que se poden dar nos Concellos de Ourense, Celanova e Barbadás; no de Allariz, a maioría absoluto do BNG fai que gobernen sen ter que negociar con ninguén. A Deputación é outro punto  quente de pactos despois de que Baltar perdera a maioría absoluta.

Ourense xa non é cidade de paso; un de cada tres turistas quédase máis de dous días. Celebrouse unha homenaxe para os enfermeiros veteranos (os xubilados e os que levan 25 anos de traballo). “Teatro na rúa” leva a Loiro 10 representacións ata o 30 de xuño. Abanca doa a Barbadás 17 equipos informáticos; o Concello contará cunha aula de novas tecnoloxía para favorecer o acceso da cidadanía aos servizos educativos e a integración social.

O Concello de Allariz amplía as piscinas exteriores. O prazo de presentación de curtas cómicas a concurso, para o Festival Rir, aínda continúa aberto ata o día 30 de xuño. A Deputación edita un manuscrito do século XII; leva por título “La música medieval en Celanova”. O rural ourensán, a debate en Celanova nunha xornada técnica.

Sete rutas do Tren Turístico de Galicia, que este ano chega a súa sétima edición, pasan pola provincia de Ourense. O ciclo de cine “Amal en ruta” terá lugar do 8 ao 13 de xuño e contará con seis proxeccións no Teatro Principal (todas as 20.30 horas) con entrada de balde.

O Cidade das Burgas está a un paso de regresar á máxima catogoría do fútbol sala nacional. A súa vitoria fronte a La Concordia por 6 a 0 coloca ás de Manolo Codeso nunha posición envidiable para subir a Primeira división. O Ourense Envialia xogará ante Poio os cuartos de final da Copa de España que se celebrará en Burela.

Artigos, humor e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha