Un novo número de Barrios xa está na rúa.

Barrios 100

A portada trae as Festas de Ourense que continuarán ata final desta semana. Entrevistamos a Francisco Fumega (PSOE) que reedita a alcaldía no Concello de Ourense. O Club Artai organizou o Campionato de Galicia de kung fu moderno cun grande éxito. Igual de exitosa foi a III Milla solidaria de Ourense que recadou fondos para Cruz Vermella.

Pola importancia da mesma, repetimos a entrevista ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.
A AVV Peliquín celebrou o San Xoán cun xantar no seu local social. Ademais, as Asociacións de Veciños poñen tarefas ao novo Goberno municipal.

DO e PP repártense o Goberno municipal e a partida para os partidos políticos da corporación.
A Praza de Abastos celebra o primeiro aniversario da súa sede eventual.

A confitería Cerviño do Carballiño recibe o distintivo Galicia Calidade. Por cuarto ano consecutivo e dentro das Xociviga 2019, convócase o concurso de curtametraxes XC-CURTASoPRIMA.
Hamlet encabeza o cartel de “A desfeita” que se celebra no parque municipal do Carballiño este sábado, 29 de xuño.

A provincia percibe un millón de euros para a promoción da igualdade. A Xunta acicala os centros educativos durante este verán.

Do 1 ao 19 de xullo regresa a Ourense un dos eventos deportivos máis demandados pola cidadanía. Trátase do “Taichi na rúa”, que este ano chega ao seu 35º aniversario. O Ximnasia Burgas copa os podios, no Campionato de Galicia de acrobática. O club Sincro Ourense, campión galego por segundo ano consecutivo. O “Correndo por Ourense” chega ao Centro este domingo 30 de xuño.

Artigos, clasificados e máis, no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha