No parque municipal do Carballiño.

Hamlet encabeza o cartel de “A desfeita”

O festival alternativo “A Desfeita” regresa este sábado 29 de xuño. O parque municipal do Carballiño acolle este festival que chega a súa cuarta edición. Serán sete bandas as que conformen o cartel deste ano encabezado polo grupo madrileño “Hamlet”, que presentarán o seu novo traballo “Berlín”. Tamén cabe destacar a participación do grupo de Vigo “Aphonnic”. Completan o cartel; Pechaduras, Susie Q´s, Aixadón, Maskarpone e Nube Kingston.

Entradas
A entrada está a 9 euros anticipada e a 12 na billeteira. Tamén se pode mercar online a través da plataforma Woutick.
O festival dará comezo ás 19 horas. A zona dispón de acampada de balde (nas inmediacións do recinto), postos de comida, artesanía, merchandising, entre outras.