O Club Ximnasia Pavillón e o Burgas lograron grandes resultados.

A ximnasia galega de trampolín citouse en Oira

Club Ximnasia Pavillón
A pasada fin de semana tivo lugar no polideportivo de Oira o Campionato de Galicia de Ximnasia de Trampolín Nivel Escolar, Base e Elite, con participación de todos os Clubs de Trampolín de Galicia e algún foráneo. O Club Ximnasia Pavillón Ourense presentaba 46 ximnastas repartidos entre os distintos niveis e categorías de competición. O club consigue 27 campións galegos repartidos entre os distintos niveis competitivos e categorías.
Cabe destacar a participación de Daniela Rodríguez Augusto a única participante do CXP en Nivel I feminino que acadou o ouro nos tres aparatos (minitramp, dobre minitramp e trampolín). O mesmo aconteceu coa máis veterana, Clara Iglesias Pérez, que tamén logrou podio nos tres aparatos.

No nivel Base, categoría 1, Uxía Blanco Cidón e Diego Rodríguez Pérez foron ámbolos dous campións galegos en trampolín e podio tamén en Dobre Minitramp (DMT). Claudia Castro San Francisco fixo tamén unha moi boa competición proclamándose campioa galega en Trampolín e bronce en DMT, o mesmo que Samuel Rodríguez Puga, campión galego en Trampolín Base 3 e bronce en DMT.
Por equipos o Pavillón B quedou bronce en DMT e campión galego en Trampolín.

Os ximnastas do CxP subíronse ao podio 32 veces en esta nivel. Destacaron Daniel Imray Carrasco, Claudia Blanco Cidón e María Fujú García Varela, todos campións e campioas galegas nos dous aparatos; ademais Daniel foi bronce na clasificación Open. Mateo Rodríguez Pérez foi campión galego e da categoría Open en Trampolín e subcampión en DMT.

Ximnasia Burgas
O Burgas logrou bos resultados neste campionato. Desta vez en Trampolin de Élite con Diego López, que foi campión galego en N6 (xuvenil). Jorge Conde tamén logrou un primeiro posto e Pablo Feijoo (en N7 júnior) e Alán Fernández en (N4 alevín), a segunda posición.
Unha vez rematada a competición os logros do Burgas foron: cinco trofeos por equipo (dous en elite e tres en base, xunto con seis medallas en individuais de elite, cinco en base e 44 máis en escolar.