Suman catro ouros e tres pratas.

Sete medallas para Ourense no nacional máster de atletismo

Boa colleita dos atletas ourensáns no Campionato de España de atletismo máster. Catro deportistas ourensáns lograron un total de sete medallas (catro ouros e tres pratas).

Emilia Mesa logrou colgarse o ouro en tres ocasións: peso, disco e xavelina (F65). Tamén lograba ser campioa de España Luz María Domínguez (F55) en 400 lisos; Domínguez, ademais sería subcampiona en 800 metros. Suma así a súa quinta medalla nacional nesta tempada tralas tres logradas no nacional de pista cuberta celebrado en Ourense o pasado mes de marzo.

Pola súa banda, Domingo Álvarez lograba o subcampionato dos 800 lisos (M60) nunha carreira que liderou desde o inicio, sendo superado nos metros finais. Satisfacción do atleta do Burgas que sumou dous cuartos postos en 400 e 1500. E Javier Viteri foi prata en xavelina (M55).