Inmersa na 35ª edición da Mostra Internacional de Teatro.

Continúa o espectáculo en Ribadavia

Un ano máis, Ribadavia celebra a Mostra Internacional de Teatro (MIT) que neste 2019 chega a súa 35ª edición.

A MIT de Ribadavia 2019 converte a todo un pobo nun inquieto e insólito escenario, con representacións en espazos singulares e de gran beleza, como o Castelo medieval dos Sarmientos, a Igrexa da Magdalena, o Barrio Xudeu e as prazas e rúas de pedra da localidade galega.

O que queda de mostra
Martes 23
– 10 a 14h Auditorio Manuel María, Casa da Cultura. Curso “Teatro documento”, con Marían Bañobre e Santiago Cortegoso. Ibuprofeno Teatro (Galicia).
– 20h San Cristovo (Programa SputMIT – Satélites da MIT). Dona Barriga Verde. Larraitz Producións Artísticas
– 23h Auditorio do Castelo. Orquestra de malabares. Pistacatro e Banda La Lira de Ribadavia
– 01h. Acto de entrega dos Premios Abrente e de Honra da MIT 2019.

Mércores 24
– 10 a 14h Auditorio Manuel María, Casa da Cultura. Curso “Teatro documento”
– 20h Igrexa da Madalena. AKA (Also Known As). Flyhard (Cataluña).
– 21.30h Praza Maior (Ruadavia). Mulier. Maduixa (Comunidad Valenciana).
– 23h Auditorio do Castelo. Transfiguration. Olivier de Sagazan (Francia).

Xoves 25
– 20h Alameda (Ruadavia). Gaudeamus. La Chana (Castilla y León).
– 21.30h Foros MIT. Presentación do número 97 da Revista Galega de Teatro. Coloquio arredor do tema central do número: censura na creación.
– 23h Auditorio do Castelo. Curva España. Chévere (Galicia).

Venres 26
– 12h – Foros MIT. Mesa de traballo: “O terceiro sector nas Artes Escénicas”.
– 20.30h Francelos (Programa SputMIT – Satélites da MIT). Oh!Limpiadas. Cía. Sincronacidas (Galicia).
– 23h Auditorio do Castelo. Anatomía dunha serea. A Berberecheira de Chévere (Galicia).
Foros MIT: coloquio posfunción.

Sábado 27 de julio
– 20h Salón de Actos, Casa do Concello. Acto de celebración do 50º aniversario de Abrente e Homenaxe a Ernesto Chao.
– 23h Auditorio do Castelo. Jauría. Kamikaze Producciones (Madrid).
– 01h Igrexa da Madalena. Hemos venido a darlo todo. Voadora (Galicia).