Xa está publicado o novo número de Barrios.

Barrios 104

Nesta ocasión a portada trae a transformación que o Goberno municipal, con Gonzalo Jácome á cabeza, pretende facer na cidade. Dous dos seus piares serán a mobilidade e o achegamento do río Miño á cidade. A Festa do Pulpo congregou a unhas 10.000 persoas no Carballiño. E o transporte urbano mellora a conexión entre Chaves e Verín.

O Concello de Ourense vende dous coches, sendo o primeiro deles en poñerse á venda un A6. PP e DO rexeitan unha proposta conxunta de BNG e PSOE para modificar o reparto de fondos da Deputación. O BNG levará ao pleno do Concello a «situación alarmante» do comercio local. Catro colexios da cidade lucirán melloras no novo curso escolar; a Xunta inviste 2,5 millóns de euros.

Unha exposición amosa a relación de Verín coa gaita; a mostra “Verín, enclave de gaita” achégase ás 700 visitas. A cultura urbana invadirá Verín co Extrugasa Street; a terceira edición do festival urbano celébrase os días 30 e 31 de agosto. Aumentan os visitantes á Feira do Viño de Monterrei; realizáronse máis de 28.000 degustacións. 15 roteiros para coñecer a comarca de Monterrei expostos nun mural na praza García Barbón. O FIC Vía XIV 2019 xa conta con cartel; a obra do publicista José Antonio Velasco.

Do 2 ao 6 de setembro, O Carballiño acolle o Fetega. O Carbaemprego colocou a 55 persoas. A mini BTT tivo éxito de participación con máis de 400 ciclistas.

Deporte, axenda, clasificados e máis, no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha