Xa está publicado o novo número de Barrios.

Barrios 106

A portada nesta ocasión levános ao colexio. E é que milleiros de rapaces ourensáns deron comezo o curso escolar 2019-2020.
Outros que tamén comezan novo curso son os xogadores e xogadoras do Sala Ourense, Cidade das Burgas e Ourense Envialia, que comezan a competición esta fin de semana en Segunda B, o primeiros, e Primeira división, os outros dous.

O PSOE provincial propón vencer os coches da Deputación igual que o Concello. O alcalde, Pérez Jácome, anuncia un cambio nas axudas ao comercio local. Cada pleno que pasa medra a tensión no mesmo entre grupo de goberno e oposición.

Entra en funcionamento o novo aparcadoiro do Centro Hospitalario. O Centro Médico El Carmen sae á rúa; nas “I Xornadas Saudables”. Jácome denuncia unha mafia policial en Ourense. O concelleiro de Cultura, Mario González, reúnese con representantes das Denominacións de Orixe do viño para deifinir o programa de actividades do Magosto 2019.

Xinzo de Limia implanta a aula de madrugadores; 779 alumnos comezaron as clases. Adegal deféndese das últimas críticas. En Porto (Vilar de Barrio) aprenden hábitos de vida saudable.

Luis Iglesias e Iria Fernández foron os vencedores da proba disputada na zona universitaria do «Correndo por Ourense». O Ourense CF golea ao Rápido de Bouzas mentres o Barco aínda non coñece a vitoria nesta Terceira división.

Artigos, humor, clasificados e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha