Novo númer de Barrios na rúa.

Barrios 109

Nesta ocasión a portada despide o Festival de Cine de Ourense ata o ano que vén. O OUFF logrou atraer un gran número de público tanto ás salas como as súas actividades paralelas.
O Club Ourense Baloncesto arrincou a LEB Ouro con dúas vitorias nas dúas primeiras xornadas.
A Xunta de Galicia agarda ter un Plan Estratéxico do sector agrario da Limia no próximo verán.

A Xunta contempla comezar as obras do CAPD en 2020; prevé que sexa no primeiro cuadrimestre. Reunión para a reconstrución da Chavasqueira; buscarase a forma de axilizar a licenza.

O Concello quere crear un parque – mapamundi como reclamo turístico; estará ubicado nunha localización que se dará a coñecer en breve.
Cultura presentou a programación do Auditorio para o último trimestre do ano. Ademáis presentouse a sétima tempada do «Enclave de Cámara».

O Concello de Xinzo de Limia incrementa a taxa do lixo nun 10% debido, según o goberno, a non ser actualizada no anterior mandato. Presentouse o programa “Paraugas” de axuda para familiares con Alzheimer ao seu cargo.
Obras de mellora na estación de autobuses; a intervención conta cun investimento de case 23.000 euros.
Un silencio para ser escoitados; o CDR O Viso sumouse á iniciativa da España Baleirada. Ademais esta entidade logrou o premio Pedra Alta.

En deportes, o Sala Ourense permanece invicto na Segunda división B de fútbol sala tras catro xornadas. Mentres en Primeira división, o Ourense Envialia tamén está invicto e o Cidade das Burgas busca puntos para lograr a salvación canto antes.
Noa Puente-Dod logra a prata en dobre minitramp no Torneo Internacional Cidade de Valladolid.
Ourense CF e Barco sitúanse nos postos nobres da clasificación; Arenteiro e UD Ourense, pola contra, están en zona perigosa.

Artigos, ocio, humor e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha