Xa está publicado o novo número de Barrios.

Barrios 114

Nesta ocasión a portada trae a Alejandro Fernández e Joselyn Brea como reis da carreira popular do San Martiño nesta 43ª edición. Ademais de Verín traemos dúas entrevistas: a Carlos Montero, director do Festival de Curtas de Verím -FIC Vía XIV- que se celebra do 30 de novembro ao 8 de decembro, e a Silvia Pardo, influencer «De Verín ao mundo». E a outra das novas de portada e unha vella reivindicación, a dos familiares de usuarios de futuro Centro de Atención a Personas con Discapacidad (CAPD) de Ourense, que esísenlle á Xunta que a xestión sexa pública.

Ademais en Ourense, as empregadas do servizo de axuda a domicilio queren que se municipalice o mesmo. O Concello de Ourense instalou os contedores soterrados en Florentino Cuevillas que darán servizo durante uns meses para comprobar a súa efectividade de cara a implantalos en toda a cidade. AJE Ourense ensina as súas cifras; estás chegan aos 40 millóns de facturación cunha alcance de 16 países.

En Verín, o concello cede un local (onde a antiga Praza de Abastos) á Asociación Española Conta o Cancro. Verín contribúe ao emprego das mulleres con discapacidade, mediante un programa de inserción laboral no que participan 16 mulleres da zona. O Museo Claustro Mercedario premia ao seu visitante número 25.000, cunha cena para dúas persoas e un bono para as sesións do FIC Vía XIV. A DO Monterrei logra colleitar 5.633.717,3 quilogramos de uva, cifra récord da denominación.

Pasaron por Sportur Galicia 10.000 visitantes. Numerosas actividades organizáronse durante os dous días de salón. Iván Feijoo logra a súa primeira vitoria na categoría absoluta na Copa de España de BTT. O COB recibe a Huesca este sábado ás 19 horas no Pazo nunha nova xornada da LEB Ouro. E a UD Ourense precisa dunha vitoria para afastar pantasmas trala derrota por 5-0 fronte o Polvorín. Recibe este domingo ás 16.30 horas, no Couto ao Somozas.

Verín acolle esta fin de semana do 23 e 24 de novembro as II Xornadas Micolóxicas ”Rocos, turtullos e cacabinas”. En Ourense celébrase o certame SóloDOS de danza no Auditorio.

Artigos, humor, clasificados e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha