Música, teatro e obradoiros, entre as propostas.

Actividades polo 25N

O Concello de Ourense organiza varias actividades para conmemorar o 25 de novembro, Día internacional contra as violencias de xénero.

Programa
As actividades comezarán o xoves, 20, con teatro: Anatomía dunha serea da compañía Chévere e protagonizada por Iria Pinheiro. Será ás 20 h no Teatro Principal. A entrada é de balde e as invitacións poderanse recoller unha hora antes no despacho de billetes. Ese mesmo día, «Nós contra a violencia», de 19 a 20 horas na Concellaría de Igualdade. «Voces violetas». Obradoiro dirixido a membros das ANPA, de 9 a 21 h na mesma concellaría; «Danza contemporánea para a igualdade». Obradoiro que participa alumnado de 1º de bacharelato do IES O Couto no propio instituto.
O 25 de novembro terá lugar o acto institucional, ás 12 horas no salón de plenos do Concello. O día 28, Guadi Galego ofrecerá un concerto no Teatro Principal ás 20h.
Para o 2 de decembro a conferencia: «Cómplices. Violencia machista institucional», ás 20.15 h no Centro Cívico Colón.

Exposicións
«Superviventes», nas tendas da rúa Colón, do 22 de novembro ao 10 de decembro; e «Mulleres vistas por mulleres», nas tendas do colectivo Comercio Vivo e de Mulleres Empresarias das rúas da Paz, Santo Domingo e Manuel Pereira entre outras, do día 25 novembro ao 10 de decembro.

Presentación libro
A presentación do libro Diagnóstico do hábitat e da convivencia igualitaria na cidade de Ourense, a cargo de Silvia Pérez Freire, socióloga experta en xénero, será o día 4 de decembro, ás 20.00 h no Centro cívico da rúa Colón.