Participarán máis de 300 deportistas.

Campionato de España de Mushing Terra 2019

Máis de 300 deportistas participarán os vindeiros 7 e 8 de decembro en Boborás no Campionato de España de Mushing Terra (carreira de trineos tirados por cans), un evento co que colabora a Deputación de Ourense e que  se presentou no Pazo Provincial coa participación de Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; Miguel Barreto, presidente da Federación Galega de Deportes de Inverno; Patricia Torres, alcaldesa de Boborás; Marcelino Fernández, delegado técnico da Federación Española de Deportes de Inverno; Roberto Salvado, director técnico do campionato, e Manuel Pérez, xefe de servizo de Deportes da Xunta en Ourense.

A proba, “que contribúe a dinamizar e promocionar o territorio a través desta actividade deportiva cada vez máis practicada”, segundo afirmou Rosendo Fernández, disputarase sobre tres percorridos de 5,7, 4,2 e 2,7 quilómetros, nas diferentes categorías, e contará con participantes de 11 comunidades autónomas, sendo Galicia o territorio que máis participantes achega, cun total de 75. Un circuíto que en opinión dos expertos “é rápido e moi esixente”, afirma Roberto Salvado, pero que conforma unha proba “que terá unha gran repercusión social e económica no noso municipio e na contorna”, expresou Patricia Torres. O campionato disputarase nas diferentes modalidade de Patín, Carro, Bikejoring e Canicross.

Programa del sábado, 7 de diciembre
9:00 h – Salida del primer participante – Circuito

Programa del domingo, 8 de diciembre
8:30 – Salida del primer participante – Circuito
13:30 – Entrega de premios – Circuito

Campeonatos de España Mushing tierra Loterías
7-8 dic – Mushing Boborás (Boborás, Orense) – Fed. Gallega