Música, cinema, teatro e deporte cólanse no Nadal de Allariz.

Allariz vive un «Nadal diferente»

Allariz ten programado un calendario de diversas actividades para estas datas de Nadal.

Música
O domingo 22 de decembro ás 12.30 horas actuación da banda iniciación de Allariz e da banda nova da Unión musical de Allariz, na Casa da Cultura. O mesmo día ás 19 horas actuación, no mesmo lugar, da agrupación coral arnoia acompañada da rondalla Nova Xeración de Barbadás e cora Sons de Palmés. As dúas actuacións son de entrada de balde.

Cinema
As propostas cinematrográficas para estas datas traen o film «O que arde» o venres 27 de decembro e xoves 2 de xaneiro ás 19.30 horas á Casa da Cultura (entradas 3 euros). O sábado 4 de xaneiro proxección de Mary Poppins Returns ás 18 horas na Casa da Cultura.

Obradoiros
Cinco son os obradoiros a celebrar. Tres deles son infantís; así, o sábado 21 no Fogar dos Maiores realizarase o de «Facemos un traumatropo de Nadal», ás 11 horas. O día 28 (11h no Fogar dos Maiores), obradoiro «O tecido, elaboramos un colgante«. E o sábado 4 de xaneiro, «Xogos de taboleiro medievais«, para nenos de 6 as 12 anos no Fogar dos Maiores.
Ademais celebraranse sendos obradoiros na Casa da Mocidade, un de fotografía con móbil do 23 ao 26 de xaneiro, de 11 a 13 horas; e outro de gravación e montaxe de vídeo os días 30 e 31 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro (e 11 a 13 horas).

Teatro
En canto a teatro e monólogos as propostas na vila alaricana para esta datas son: Sergio Pazos «Afiando con humor» o 21 de decembro ás 23 horas na Casa da Cultura. Teatro cómico con Lucía Veiga e Pedro Brandariz «Eu queríame casaren» o sábado 28 ñas 23 horas na Casa da Cultura. E o dóa 3 de xaneiro, ás 18 horas, no mesmo escenario. Sarabela Teatro trae «Proxecto Noé».

Deportes
Un torneo de xadrez, o «Vila de Allariz», os días 27, 28 e 29 de decembro no Fogar dos Maiores; a carreira «derradeira solidaria», o martes 31 a partir das 16.30 horas; e o torneo de baloncesto de Nadal no pavillón municipal son as actividades deportivas.

Outras propostas
As actividades continúan co acto dos 25 anos do Museo Galego do Xoguete, o 20 de decembro ás 20 horas no Museo do Xoguete. Os días 20, 21 e 22 espectáculo de rúa «Musicleta».

O Nadalparc regresa do 26 de decembro ao 3 de xaneiro en horario de 11 a 13.30 horas e de 17 a 20 horas (os días 31 de decembro e 1 de xaneiro permanecerá pechado e o día 3 abrirá de 11 a 13.30. Haberá obradoiros os días 26, 27 e 30 de decembro e 2 de xaneiro de 17.30 a 19 horas.

E non podería faltar a Cabalgata dos Reis Magos. As súas maxestades chegarán a Allariz o domingo, 5 de xaneiros. Irán desde a Alameda ata o pavillón a partir das 18.30 horas.