Publicado o número máis navideño de Barrios.

Barrios 117

A portada do mesmo trae un gran adorno en forma de agasallo. A provincia engalánase para un Nadal cheo de actividades por toda a provincia, onde non faltará, por suposto a cabalgata dos Reis Magos.
Tamén en portada temos o derbi de fútbol sala entre Ourense Envialia e Cidade das Burgas con vitoria das primeiras. Continúan as protestas polo peche do paridoiro de Verín desde o pasado 1 de decembro. E entrevistamos a actriz Josi Lage.

CEO e Semecor firman un convenio e AJE entrega os seus premios anuais.
En Bentraces mellorarase o saneamento grazas a un convenio firmado entre o Concello de Barbadás e a CHMS.
A cuarta edición do Festival de Curtas de Verín aumentou o número de espectadores e a calidade das proxeccións. A actriz Mabel Rivera foi homenaxeada.

O Carballiño organiza numerosas actividades grazas ás iniciativas de Concello, CCA e a Praza de Abastos.
O CDR O Viso recupera os cantos de reis, unha tradición secular. O goberno municipal de Xinzo firmou a concesión da planta asfáltica de Parada.

En deportes, o ano remata coa San Silvestre e o seguinte iníciase coa Costiña de Canedo. O COB recibe este xoves a Palma.

Artigo, humor e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha