Presentouse un libro educativo.

“Ourense recicla o Nadal”

Presentouse o libro educativo “Ourense recicla o Nadal”. Trátase dunha campaña que o que busca é que os nenos e as familias de Ourense poidan coñecer de primeira man a importancia da reciclaxe e como se debe actuar coa separación de residuos na nosa cidade.

Esta nova actividade sobre reciclaxe en Ourense enmárcase dentro da campaña “Recicla o Nadal” coa que o Concello pretende concienciar e chamar a atención da cidadanía sobre a importancia de reciclar, en especial nestas datas, nas que ten lugar un repunte do consumo.

A distribución dos tres mil exemplares editados será levada a cabo polos establecementos comerciais da cidade que serán os encargados, en cada barrio, de repartir os libros entre os seus clientes.

O libro “Ourense recicla o Nadal” explica que facer con todo aquilo que xa non se utiliza nos fogares ou o pequeno comercio, sobre todo, nestas sinaladas datas nas que se incrementa a cantidade de residuos: a árbore, os xoguetes vellos, os envoltorios, a roupa que quedou obsoleta… Este manual ilustra como reutilizalos e reciclalos, do mesmo xeito ca os alimentos, debido a que en Nadal é a época do ano na que máis comida desperdíciase.