É o obra da artista local Aurora López.

Xa se coñece o cartel oficial do Entroido 2019 de Verín

O Entroido 2019 de Verín xa ten imaxe oficial. O cartel ilustrador de esta edición foi presentado na vila do Támega polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, a concelleira de Cultura e Festexos, Emilia Somoza, e Aurora López, artista local autora do mesmo.

Tal e como salientou Aurora López durante a presentación, o cartel ten como corpo central unha ilustración donde aparece reflexada a figura principal de Entroido de Verín, o cigarrón, que eleva e enxalza o resto de personaxes presentes na creatividade dos que sae a propia festa, «Dentro de eses personaxes está representado o Entroido máis tradicional e un Entroido máis moderno que conviven perfectamente, e as cores resaltan o ambiente de troula e alegría».

A autora tamén quixo facerlle unha homenaxe a un dos personaxes máis entrañables do noso Entroido, o recentemente falecido “Toni Tarrio”. «Mentres debuxaba faleceu Tarrio e quixen homenaxealo incluíndo no cartel unha pluma de faisán como a que el sempre levaba no seu chapeu». Están presentes ademais no deseño certos lugares moi representativos de Verín como son a ponte, a Praza da Mercé ou a Praza do Cigarrón.

Emilia Somoza, mostrouse moi satisfeita co resultado final do traballo creativo xa que «acada o equilibrio entre deseño e usabilidade que levabamos buscando estes últimos anos co concurso e non terminabamos de conseguir. Realizar o encargo do cartel a un profesional permitiranos extraer desta mesma imaxe o resto de adaptacións para os diferentes medios de comunicación, así como de elementos de merchandising, evitando así teimosos procesos de dixitalización e encargos de deseño diferentes que non fan máis que diluír a imaxe unificada que mostramos ao exterior e aumentan os gastos innecesarios».

Pola súa banda, Gerardo Seoane quixo lembrar que o cartel oficial debe ser un elemento publicitario adaptado aos novos medios de comunicación. «Cremos que cando encargamos o cartel oficial do Entroido debemos pensar máis na proxección exterior, no que é un anuncio publicitario que consiga unha imaxe potente e atraente. Neste caso, co deseño de Aurora creo que o conseguimos».