El Salón fue presentado en Fitur.

Xantar, para exaltar la riqueza gastronómica de Galicia

Xantar 2020 foi presentado en FITUR Madrid como a única feira internacional de turismo gastronómico de España e unha das catro internacionais de turismo do país. Xantar celebra a súa 21ª edición en Ourense entre o 5 e o 9 de febreiro e presentará un completo programa de actividades e unha ampla oferta en restauración que proxectará unha imaxe de calidade e sustentabilidade do turismo enogastronómico da Península Ibérica.

A tradicional e estreita cooperación transfronteiriza con Portugal convivirá tamén coa cooperación iberoamericana, xa que está confirmada a presenza nesta edición de delegacións de profesionais da gastronomía e o turismo de países como México, Costa Rica, Colombia ou Perú. No que respecta ás actividades, Xantar reunirá a recoñecidos chefs de 5 países que impartirán talleres de cociña en directo enmarcados no XV Encontro Internacional de Gastronomía Saudable e Sustentable que ofrecerá ao público máis de 150 experiencias.

Novedades en restauración
Na 21ª edición de Xantar participan 15 restaurantes procedentes de Galicia, Castela e León e do Norte de Portugal. En total, ofreceranse máis de 20 menús baseados nos seus produtos autóctonos e de calidade, xa que a maioría inclúen alimentos amparados por unha Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida.

Entre as novidades destaca o menú ofrecido por Illa de Ons e defendido por un dos restaurantes da illa, terá ao polbo como produto estrela dun menú que inclúe ademais outros peixes e mariscos que recollen a tradición da cociña de pescadores das Ons, os seus sabores e elaboracións. A outra gran novidade é a participación de Guimarães, en Portugal, que participa cun restaurante local que conta co apoio desta cámara municipal portuguesa. No seu menú non faltará nin o «bacallhau», nin o viño verde nin a repostaría tradicional.