A Marcha Mundial das Mulleres organiza estos encontros.

Un ano de “Cafés feministas”

A Marcha Mundial das Mulleres celebra o seu 20º aniversario cunha actividade que se prolongará durante todo o ano e que leva por título “Cafés feministas”. Trátase dunhas charlas -unha vez ao mes- para continuar a “difusión dunha mensaxe feminista e anticapitalista” e para contribuír a sacar “a outros espazos os debates do feminismo”. As charlas terá lugar en catro espazos da cidade: MUR, Tenda de Comercio Xusto, Andén 1 e EL Pueblo Café Cultural.

Charlas
As charlas comezan o venres, 14 de febreiro, en MUR, rúa Manuel Murgia 78 e títulase Como construímos as nosas relacións afectivas?. A seguinte (Hai feminismo despóis do 8M?) será o xoves, 12 de marzo, no Andén 1º, avenida de Marin, Aparcadoiro de ADIF.
As seguintes charlas serán: Romantizamos a sororidade?, na MUR en abril; Feminismo e maternidade, cal é o conflito?, en maio na Tenda Comercio Xusto, rúa Bailén nº4; Como e para que usamos as redes sociais?, en xuño no Andén 1º; Por que a noite e a festa feden a machismo?, en xullo no Pueblo, Hernán Cortés 26; Porse guapa, escollo eu ou o sistema?, en agosto no Pueblo; Como freamos os discursos de odio?, en setembro en MUR; Como desmontamos os nosos privilexios?, en outubro, na Tenda Comercio Xusto; Temos dereito a ser violentas?, en novembro no 1º Andén; e É o feminismo unha cuestión de expertas?, en decembro en MUR.