Xa foi publicado o novo número de Barrios.

Barrios 121

Este mes é de Entroido e na portada non podería faltar o Domingo Oleiro celebrado en Xinzo de Limia a pasada fin de semana. Ademais, Xantar pechou con máis de 25.000 visitantes. En deportes, o club ourensán Asesou organizou a primeira proba da Copa de Galicia de escalada de base.

Como tema da semana (e do mes) presentamos un especial do Entroido coas actividades dos concellos da provincia. A Xunta ofrece gardería de balde a partir do segundo fillo das familias ourensás.

En clave política, Democracia Ourensana rexeita presentarse á Xunta de Galica. Pola súa banda, Baltar descarta unha coalición, pero baralla incluílos nas filas populares.

A asociación Prolimia elexiu unha nova directiva. A Xunta Local de Seguridade informa de que Xinzo é un dos lugares máis seguros de Galicia. O conselleiro do Medio Rural reuniuse con empresarios da Limia para informar das axudas ao agro. A residencia de maiores de Porqueira duplicará a súa capacidade; Política Social inviste 300.000 euros.

A Xunta abre convocatoria de axudas para a promoción da igualdade; a convocatoria engloba catro programas. Os autonómos manifestaranse en Madrid; AUPA convoca unha concentración o día 16.

En deportes, O COB sae de postos de playoff; a derrota fronte Palencia o baixa á novena posición. Esta fin de semana recibe a Alicante (sábado, 20 horas). Este sábado, UD Ourense recibe a visita do Ourense CF na Terceira división. O encontro terá lugar o sábado ás 18.30 horas.
O Sala Ourense volve a vencer, nesta ocasión ao Xove por 7-3. En Primeira división, Cidade e Envialia regresan á competición despois do parón dunha semana; o Cidade xoga na casa o sábado ás 17 horas, enfronte estará o Alcorcón.

Inaugurase na Galería Ferrer a exposición “Xente do redor”. Juan Perro será un dos protagonistas na Ourense ICC Week.

Artigos, clasificados, humor e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha