Allariz celebra, do 24 ao 26 de febreiro, a tradicional Festa do Entroido con actividades para pequenos e maiores.

Entroido de Allariz

O Entroido en Allariz comeza o luns 24, ás 17:30h, coa Festa Infantil amenizada por un DJ e a Batucada Infantil. E para os máis maiores, a Asociación Xan de Arzúa organiza, como xa é habitual, a Cachuchada a partir das 21:30h no Campo da Barreira co acompañamento musical da Batucada Axoúxere de Allariz que ambientará as rúas dende as 20:30h. Este ano contaremos coa charanga Los Fugitivos que a partir das 23:00h nos farán bailar e desfrutar.

O martes 25, desfilan as comparsas, co acompañamento musical da charanga Bicoia de Ourense. Ás 17:30h as comparsas darán saída dende a Estrada de Xunqueira (á altura da Residencia Saliesiana) ata o Pavillón do Instituto onde se celebrará o Baile de Entroido amenizado por un DJ.

Para despedir o Entroido, o mércores 26 terá lugar o Pranto de Entroido. A saída será ás 20 h dende a praza Maior e a queima do meco realizarase no Campo dos Brancos.

Concurso de Comparsas
Ata o día 20 de febreiro ás 14h está aberto o prazo de inscrición das comparsas, para participar no desfile da edición 2020.

A orixinalidade, a elaboración, a escenificación do disfrace e o acompañamento musical son os aspectos que o xurado valorará nas comparsas inscritas e que estén presentas a hora de saída do desfile..
As comparsas (a partir de 10 compoñentes) poderán optar aos seguintes premios: 200€, 150€, 100€ e 50€ para os catro primeiros clasificados.

Información e inscrición: Casa da Cultura 988 440 859; cultura@allariz.com.