Xa está publicado un novo número de Barrios.

Barrios 122

Entroido, Entroido e Entroido. Así poderíamos referirnos (e nos referimos á portada deste número). Durante este mes de febreiro a provincia disfráza se para abrazar de cheo o Entroido 2020. Por iso sacamos un especial sobre entroidos da provincia; con gran fincapé nos de Ourense e Verín.
Pero ademais, outro gran evento chega a Ourense a finais de mes. O 29 de febreiro e 1 de marzo a pista de atletismo de Expourense acolle o 56º Campionato de España de atletismo en pista cuberta.

Os veciños do perímetro rural deciden; o Concello de Ourense lanza o plan ‘+Rural’ que pretende sexa participativo. Boa sintonía entre Ourense e Montalegre; o alcalde, Gonzalo Jácome, logra unha cooperación buscada con empeño.
Inscricións abertas nos programas integrados de emprego ata o 2 de marzo. Este ano estará lista a licitación da remodelación da rúa Concordia.

Verín implanta o Plan de Autoprotección e aplicarase durante o Entroido; inclúe o reforzo de equipos de emerxencias.
As Xornadas de Novela Histórica (celébranse os días 27 e 28 de marzo) resaltarán á muller.
A Xunta de Galicia destina 200.000 euros para a construción do Centro de día de Riós.

En deportes, facemos repaso dos conxuntos ourensáns de Terceira división de fútbol. Tamén dos equipos máis punteiros de fútbol sala.
O COB chega ao parón con tres derrotas consecutivas.

O Espazo Lusquiños abre unha nova convocatoria para os locais de ensaio; o prazo rematará o 29 de febreiro. Unha exposición -na Biblioteca- mostra as primeiras mulleres xornalistas.
Coello móstranos “Xente do redor”, unha exposición que se pode visitar na Galería Ferrer.

Artigos, clasificados e máis, no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha