Diario dunha emigrante

Catarse: revalorización da vida rural

Desde 2015, xa son mais de 190 países en todo o mundo comprometidos con tomar medidas destinadas a limitar o incremento da temperatura do planeta. Dinamarca non só comprometeuse a alcanzar as metas establecidias no Tratado de París, senón a excedelas, aspirando a converterse na primeira capital mundial Carbon-Neutral en 2025. Para conseguilo, estanse implementando grandes cambios nas áreas de consumo e produción de enerxía e mobilidad. Por suposto, é indispensable liderar dando exemplo. Para iso pon especial énfase en educar aos líderes do futuro na problemática do cambio climático e os retos que expón á poboación mundial contemporánea.
O esforzo lexislativo, social e económico de pór todo este plan en marcha é inxente. A responsabilidade de que funcione recae en cada un dos cidadáns deste país, como consumidores e votantes conscientes. Desde que no 2014 Copenhagen foi nomeada Capital Verde Mundial, foron emerxendo iniciativas que promoven unha maior sostenbilidad, como as granxas urbanas e o terreo público cultivable. Hoxe en día xa son miles de urbanitas os que poden aprender e gozar da experiencia de cultivar as súas propios vexetais en lugares como østerGRO, onde calquera pode traballar como voluntario a cambio de comida gratis e poder levar a casa un puñado de vexetais da súa propia colleita. Como dicía Marie Hertz de SLOW Living, unha organización que promove garden-to table workshops para individuos e empresas, a xente está desexosa dunha catarse.

A catarse: O campo na cidade
Quizais o Covid fose o principio desta catarse. Por mor desta pandemia, o mundo viuse obrigado a frear. Pero non só é necesario un cambio de ritmo; tamén o é o reflexionar sobre que estilo de vida levamos e que podemos e debemos cambiar para melloralo. As iniciativas propostas por organizacións que promulgaron a volta ao rural e demandado máis espazos cultivables en plena capital, están a afianzarse. Como resultado, aumentou a demanda de aluguer de espazos aptos para o cultivo. “Calquera cidadán ten acceso a este terreo. A solicitude ábrese cada 1 de marzo e, dependendo da zona, adoita haber unha lista de espera de 2 a 4 anos”, cóntanos Mathias, veciño da miña comunidade en Amager.
“Cultivar os teus propios vexetais supón o reto de ter aprender cales son as características de cada planta”, conintúa Mathias, pero ofrece a posibilidade de ter un espazo verde no medio da cidade que tamén resulta perfecto para pasar tempo cos máis pequenos. Cando lle pregunto polos beneficios de traballar a túa propia parecela de terra, a súa resposta é rotunda: “ver e gozar do froito dos teus esforzos é unha gratificación instantánea, ademais de ser unha oportunidade magnífica de socializar con xente que senta paixón por este tipo de actividade”.

Revalorización do mundo rural
Segundo Nacións Unidas, o 50% da poboación mundial actual está condensada nas cidades. Mentres que as urbes sofren unha gran presión demográfica, empeoramento da calidade de vida e aumento da contaminación, as zonas rurais despoboanse e as opcións educativas, profesionais e culturais dos que quedan alí ven reducidas a mínimos insustentables. Chegou a hora do cambio?
Por mor desta pandemia, Julien Marionnet, Emprendedor Creativo afincado en Madrid, pasou dunha atarefada vida de empresario con varios desprazamentos internacionais mensuais, a unha de confinamento e vida no campo. Cando lle pregunto se ve factible unha transición a unha vida en maior contacto coa natureza e como compatibilizala co traballo de oficina, responde que “para as empresas e os postos de traballo compatible co teletraballo, creo que hai moito que gañar (motivación, benestar,…). Flexibilizando normativas e horarios, parece factible. Para os gobernos, creo que o importante é buscar o equilibrio e ter coidado de que os cidadáns urbanos non invadan as comunidades rurais coas súas posibles consecuencias negativas”.
A volta ao rural, máis que unha moda, é unha necesidade. Ou unha moda necesaria. Con todo, este estilo de vida non é novo. Como di Julien, non inventamos nada. Ao contrario, estamos a aprender a perder malos hábitos. Conectar coa terra, coa natureza, coas túas mans, cun proxecto onde o tempo pasa doutra forma.
Na antigüidade, o cultivo da terra foi fundamental no xurdimento e desenvolvemento das cidades. Quizais é hora de que as complexas sociedades modernas retomen este contacto coa terra da que tanto dependemos e da que tanto nos habemos alienado. Non é cuestión de retornar á caverna, senón de sacar o máximo das opcións que temos ao noso alcance. O rural e o urbano deben de atoparse a medio camiño para revalorizar o mellor que temos de ambos os mundos. Diso quizais dependa a nosa supervivencia neste belo planeta. Non deberiamos desaproveitar esta oportunidade.

Raquel Sertaje