Paraticiparán 50 escolares.

O Botánico de Montealegre acolle un campamento de verán

Medio cento de escolares da cidade participarán durante o mes de xullo do campamento de verán que organiza a Concellería de Política Social coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente no Botánico de Montealegre. Eugenia Díaz Abella e Jorge Pumar presentaron esta actividade, na que participan nenos e nenas de familias usuarias dos servizos sociais municipais (unidades de intervención social e clases de reforzo educativo).

O campamento, que outros anos se realizaba durante 10 días na costa, en Porto do Son, trasládase este ano de crise sanitaria na cidade, concretamente no Botánico de Montealegre, para aproveitar os extraordinarios atractivos que presenta este espazo municipal para a realización de actividades: “un privilexio que temos na cidade, descoñecido por moitos ourensáns, e que resulta fantástico para este campamento” en palabras da concelleira Eugenia Díaz. Nenas e nenos, de 9 a 14 anos, chegarán en autobús cada día a partir das 9:30 horas, participarán en diferentes actividades de lecer, degustarán as comidas e merendas que servirá Aixiña e regresará a casa tamén en autobús, ás 17:30h.

As bondades do Botánico de Montealegre foron subliñadas tamén polo concelleiro de Medio Ambiente e tenente de alcalde, Jorge Pumar: “temos unha paraxe natural impresionante”, e lembrou os 140.000 metros cadrados naturais de superficie deste recinto municipal “tan demandado ultimamente polas familias de Ourense”. O concelleiro lembro que dentro dos orzamentos de Medio Ambiente “hai unha pata moi importante: a conciliación laboral e familiar con actividades medio ambientais e con todo o que é a sensibilización medio ambiental. Oxalá que poidamos organizar moitas máis actividades”, dixo.