Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 129

A portada trae a un grupo de persoas nunha terraza dunha céntrica cidade ourensá facendo un uso responsable da máscara e, segundo o acordo das medidas preventivas da Xunta de Galicia. A outra foto de portada é un helicóptero recollendo auga no río Miño para sofocar as lapas que se prograron en Canibelos, termo municipal da capital ourensá.

O Conservatorio de música de Verín avanza cara a profesionalidade despois de aprobalo por maioría no pleno do concello verinés. Un mural, que se pode ver na rúa Lisa, dá nome ás aves de Verín.

Concello e CHMS selan tres acordos de saneamento, ademais de comprometerse a Confederación a arranxar a contaminación no Barbaña.
O Concello de Ourense apoiará o I Salón Ecolóxico do Automóvil que se celebrará en Expourense do 11 ao 13 de setembro.

En deportes, o Ourense CF xógase o ascenso a Segunda B ante o Compos, este sábado 25 de xullo (a partir das 19.30 horas no estadio de Balaídos). Tralo exame deste mes, 16 novos cintos negros para o kungfu ourensán.
O Rali de Ourense chega esta fin de semana con tramos en Peroxa, Toén, Amoeiro e O Carballiño.

Unha exposición conmemora 25 anos de bibliografía micolóxica en Celanova. Cambios na asociación de amigos da banda de música de Celanova cando a entidade cumpre cen anos de historia. Verán cultural para todos os gustos en Allariz durante todo o verán. As piscinas de Allariz están abertas para os usuarios con limitacións pola COVID19.

Artigos, clasificados, humor e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha