Na rúa Vasco Díaz Tanco.

Mariñamansa tamén contará cunha rampla mecánica

O alcalde e o tenente de alcalde do Concello de Ourense visitaron o barrio de Mariñamansa, onde se estuda o emprazamento de novos elementos de mobilidade vertical para axudar á mobilidade no barrio. Gonzalo Pérez Jácome insiste en que “cada barrio é o centro”, e proxecta unha rampla na rúa Vasco Díaz Tanco, desde a confluencia coa avenida de Zamora até o centro de saúde. A rampla daría servizo, tamén, ao centro cívico e á Universidade Laboral, no alto da zona da Cuña.30

Jorge Pumar lembrou, pola súa banda, que o centro de saúde de Mariñamansa é o que máis tarxetas sanitarias posúe de todo Ourense, e que a próxima instalación de elementos mecánicos para a axuda á mobilidade resposta a unha demanda veciñal.

Con esta nova proxección, son xa 17 os elementos que planea instalar o goberno municipal en diferentes zonas da cidade.