Xa está na rúa un novo número de Barrios.

Barrios 130

Nesta ocasión a portada trae a nova medida da Xunta de Galicia para previr os contaxios por COVID19: a administración autonómica prohíbe fumar en vía pública ou en terrazas se non se asegura a distancia de seguridade (2 metros). Na loita contra os incendios en Galicia se suman drons con capacidade de visión térmica; os lumes están castigando sobre maneira á provincia este verán, con máis de 4.000 hectáreas arrasadas polas lapas. E a quinta edición do Festival de Curtas de Verín (FIC Vía XIV) celebrarase na vila do Támega do 5 ao 13 de setembro.

Medran os contaxios pola COVID19 na provincia e ascende a cifra a 60 enfermos. O Concello apoia ao comercio local co programa «Mólate por Ourense», onde a cativada pode pasar unha tarde divertida con inchables de auga e a piscina de escuma. A AVV As Termas reclama que non se abandonen as zonas verdes da contorna xunto as vivendas sociais.
David Olivieri foi nomeado directo xeral do Centro de Intelixencia Artificial de Ourense.

O pleno do Concello de Xinzo do mes de agosto aprobou, por unanimidade, non cobrar as taxas das terrazas este ano nin tampouco licenzas de apertura de novos negocios ata setembro de 2021. O CDR “O Viso” organiza o Concilia Rural de verán en Laza, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia.

En Verín, o Museo Claustro Mercedario reabriu as súas portas con todas as medidas de seguridade garantidas. A Ruta do Viño Monterrei presenta aos seus asociados as futuras iniciativas promocionais da DO Monterrei.

En Celanova, a Consellería de Educación prevé que a rehabilitación enerxética do CEIP Curros Enríquez estará antes do novo curso. O BNG denuncia ameazas da alcaldesa da Bola a veciños de Cacabelos; os nacionalistas aseguran que esta acúsaos de verquidos non autorizados.

O Concello de Barbadás bonifica o transporte público; deberase tramitar a tarxeta TMG Tarxeta Metropolitana de Galicia. A piscina municipal Os Carrís, na Valenzá, acolle un curso de salvamento acuático; haberá varias quendas.

En Allariz orgánizanse visitas guiadas todos os sábados de agosto de febreiro. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) executa as obras de reconstrución do Pontón do Briñal sobre o río Arnoia en Allariz.

En deportes, a Xunta aposta polo deporte en Ourense; as reformas do pavillón dos Remedios e da zona deportiva de Monterrei estarán listas despois do verán. O Club Ourense Baloncesto xa suma 10 xogadores de cara á tempada 2020-21.

Economía, sociedade, artigos, e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha