O ourensán Pablo Feijóo e o lucense Christian Lens puxeron en marcha o seu negocio poucos días antes de decretarse o Estado de Alarma. Trátase da produtora Lecer Audiovisual, unha empresa que tiña previstos diversos eventos para o verán e que tan só puido realizar algunha que outra voda debido á cancelación do resto de eventos provocada pola COVID-19.
Na tempada de verán, ademais das citadas vodas, realizaron vídeos para o campus de baloncesto de Salva Arco (en Xinzo de Limia), ex xogador cobista, ou para a iniciativa cidadá lucense #CoidemosLugo. Agora, miran con optimismo a un futuro incerto que cambia as normas cada día.
Christian Lens e Pablo Feijóo son realizadores audiovisuais titulados na Escola de Imaxe e Son de Lugo (a antiga Fundación TIC); ademais, Pablo traballou varios anos na televisión local de Ourense -Telemiño-, ao fronte do programa musical La Rockipedia. Ademais, creou durante algún tempo unha sección neste mesmo xornal no que daba voz aos grupos musicais de Ourense; tamén dirixía a web Larockipedia.com.
Lecer Audiovisual
Lecer Audiovisual está enfocada a facer vídeos sinxelos pero de calidade, definíndose como unha produtora para o día a día. Na súa oferta atopamos dende vídeos para eventos (vodas, bautizos, comuñóns…) ou redes sociais, ata spots para empresas, videoclips ou noticias para medios de comunicación. Os seus servizos poden ser contratados a través das redes sociais ou dende a súa páxina web (leceraudiovisual.com).
Ourense
Despois da acollida en Lugo queren buscar proxectos na vella Auria e a súa provincia. A empresa non é sinxela neste tempos de incertidume, pero ganas e a ilusión non lles faltan para emprender en tempos de pandemia.