O prazo de solicitudes estará aberto entre o 29 de setembro e o 15 de outubro.

Verín abre a preinscrición das Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol Sala

A área de Deportes do Concello de Verín informa que abre o prazo de preinscrición para as disciplinas de fútbol e fútbol sala impartidas nas Escolas Deportivas Municipais do Complexo Deportivo da Granxa.

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das disciplinas deberán enviar asinada a documentación que se atopa dispoñible na web oficial do Concello de Verín (www.verin.gal) ao mail das escolas deportivas: efcverin@hotmail.com.

O prazo de solicitudes estará aberto entre o 29 de setembro e o 15 de outubro. A lista de admitidos confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de rexistrados na actividade consiga o mínimo pertinente considerado pola organización.

Coa finalidade de garantir a seguridade dos e as deportistas, a concellería de Deportes de Verín elaborou un protocolo de seguridade, baseado no documento oficial da Federación Galega de Fútbol. Deste xeito, todas as actividades contarán coas medidas preventivas fronte á COVID-19 ditadas en cada momento polas autoridades sanitarias.

Estes criterios xerais de uso son susceptibles de modificacións en función das normas que se vaian ditando en cada momento polas autoridades sanitarias.

Para máis información, ademais de consultar a páxina web municipal, todos os interesados poden chamar ao teléfono 660 776 564.