O Concello de Xinzo de Limia organiza este concuros para nenos e mozos de todas as idades.

Concurso de minicontos Samaín 2020

O Concurso de minicontos Samaín 2020 é unha iniciativa do Concello de Xinzo de Limia na que poderán participar nenos e mozos de todas as idades.

Consulta aquí as bases:
PRIMEIRA.
Participantes
Poderán participar nenos/as e mozos/as do Concello de Xinzo de Limia.
Establécense dúas categorías:
– Infantil: 5 – 12 anos
– Xuvenil: 12+ anos

SEGUNDA.
Temática
Os contos serán de medo ou terror, relacionados coa tradición celta do Samaín. Deberán ser orixinais e estar escritos en galego, cunha extensión máxima de unha (1) páxina tamaño A4 (entre 30-50 liñas aproximadamente).

TERCEIRA.
Presentación dos traballos e prazo
Os relatos deberán ser enviados ao enderezo de correo electrónico da Concellaría de Cultura: cultura@xinzo.gal, en calquera dos formatos de texto máis habituais: .doc, .docx, .odt, .rft ou .pdf.
No mail incluirase o título do conto e os datos do autor ou autora: Nome e apelidos, idade, centro de ensinanza, curso e teléfono ou mail de contacto.
Tamén se poderán entregar manuscritos ou impresos en papel nos centros educativos ou na Casa da Cultura, neste caso deberán ir acompañados dun sobre pechado no que se recollan todos os datos indicados anteriormente.

O prazo de presentación rematará o 30 de outubro de 2020 ás 24h
Quedarán excluídos os traballos recibidos fóra de prazo ou aqueles que non cumpran as condicións ou non veñan acompañados dos datos requiridos.

CUARTA.
Xurado do concurso
O xurado estará composto por persoeiros relacionados co mundo das letras e polos directores/as dos centros educativos CEIP’s e IES do Concello de Xinzo ou persoa que eles/elas designen. Todos os membros terán voz e voto.
Como secretario, sen voto, actuará o Concelleiro de Cultura que levantará acta da decisión do xurado.
As decisións adoptaranse por maioría simple e o fallo definitivo será inapelábel sometido ás presentes bases. A resolución farase pública na web do Concello (www.xinzodelimia.gal) e directamente aos premiados.

QUINTA.
Premios
Establécense tres premios para cada unha das categorías, que consistirán en:
– Primeiro premio: Vale de compra de 150 euros nas librarías de Xinzo, diploma e agasallo orixinal de Limisi.
– Segundo premio: Vale de compra de 100 euros nas librarías de Xinzo, diploma e agasallo orixinal de Limisi.
– Terceiro premio: Vale de compra de 50 euros nas librarías de Xinzo, diploma e agasallo orixinal de Limisi.

SEXTA.
Publicación dos traballos, difusión e publicidade
Publicaranse na web todos os traballos premiados, así como os nomes dos/as autores/as.
Os/as autores/as, mediante a aceptación destas bases e participación no concurso, dan o seu consentimento para a publicación das súas obras e ceden todos os dereitos de reprodución por calquera sistema, distribución en calquera formato e comunicación pública a través de sistemas telemáticos e dixitais.

SÉTIMA.
Aceptación das bases
A presentación dun traballo ao concurso implica necesariamente a aceptación previa, íntegra e incondicional das seguintes BASES por parte dos/as participantes.
Calquera circunstancia non prevista nas presentes bases será resolta polos propios membros do xurado.

Estas bases se poden consulta na web do concello. xinzodelimia.gal.