Xa está na rúa un novo número de Barrios.

Barrios 134

Un novo Estado de Alarma ocupa a portada deste número. A crise da pandemia da COVID-19 fai que España estea seis meses máis en Alarma.
As outras novas de portada (máis amables) son o sorteo de 6.000 euros da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) entre os seus clientes e a entrevista a Víctor Sousa, presidente do Sala Ourense.
Chega o día de Fieis Defuntos e todos os cemiterios poñen en marcha unhas medidas de seguridade como o ditanciamento entre persoas e grupos de visita reducidos.

En Ourense, Democracia Ourensana declara tránsfugas aos catro concelleiros díscolos; estes presentan unha demanda no xulgado.
A intermodal contará cunha fonte ornamental; o proxecto costará preto de 48.000 euros.
Cruz Vermella de Ourense e Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación poñen en marcha da segunda fase do Programa 2020 de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas. Esta iniciativa repartirá 271,25 toneladas de alimentos nesta segunda fase.
Xa está en marcha a 2ª fase das obras na contorna da Ponte Vella.

En Verín, O Concello axuda á hostalería polo seu peche temporal pola covid; acordaron pechar ata o 31 de outubro pola situación epidemiolóxica de Verín.
O pleno aproba a axuda para a pista de xeo e fixa os festivos locais de 2021.
A Denominación de Orixe Monterrei bate o récord de recollida de uva superando os 5,5 millóns de quilos.

En Barbadás, o concello contrata a cinco persoas para o CIM; ademais, o pleno acordou incorporar un administrativo para o centro empresarial.
O alcalde, Valcárcel, critica que a Xunta envíe test ás formacias a piques de caducar; considera que Sanidade acomete os cribados nas farmacias de forma desorganizada.

“Auria Última Noite” lévase o concurso Fas Muvis 2020 que está encadrado no Festival de Cine de Ourense.
Paco Ascón presenta o seu libro “Tener o Ser”.

En deportes, na Terceira de fútbol Ourense CF e UD Ourense seguen sen puntuar na competición, mentres Arenteiro e Barco están nas primeiras posicións.
O COB visita Cáceres despois dunha visita de prestixio fronte o Palencia.
O Xadrez Ourense ascende á División de honra. O Consello Municipal de Deportes incrementa as axudas aos equipos deportivos.

Artigos, humor, clasificados e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha