E outras duas no galego.

Dúas medallas no nacional de rítmica para o Pavillón

Este domingo comezaba en Valencia, no Colonial Sport, o Nacional Masculino. Catro ximnastas ourensáns dos clubs Pavillón competían nas categorías benxamín e alevín, todos eles noveles na competición nacional.
Abría a representación ourensá Damián Gómez Diosdado, do Escola Pavillón que con un moi expresivo exercicio de mans libres lograba a terceira posición, moi seguido de José Vázquez Gómez (CXPOurense), que quedaba cuarto clasificado empatado en nota con Damián, sendo superado por este por un valor maior na nota de execución. Eduardo Montero Rodríguez quedaba sexto con un exercicio moi ben defendido.
A corda deixaba o mesmo resultado para Damián, obtendo outro bronce na categoría alevín. José baixou á quinta posición neste aparato, con algún erro no exercicio. Edu, que hai só uns meses que se incorporou a este nivel procedente do nivel escolar, era oitavo.

A pelota foi o aparato no que menos se luciron os ximnastas ourensáns, tendo erros importantes que os colocaron en 5º, 6º e 8º posición da clasificación alevín. Finalmente, na clasificación xeral, Damián foi cuarto a 0,850 do bronce, José foi quinto e Eduardo séptimo.

Na categoría benxamín, o único representante ourensán foi Patrick Celis López que foi cuarto na clasificación xeral. Realizou un dinámico exercicio de mans libres pero coa pelota estivo menos acertado e unha saída de tapiz alonxouno dunha mellor posición. A satisfacción de ximnastas e equipo técnico é grande sobre todo porque xa é un logro conseguir chegar a esta competición tendo en conta as dificultades habidas nos últimos meses, igual que para o resto de ximnastas nacionais.

Campionato galego individual por equipos
Eran dous equipos pavillonistas de nivel absoluto os que competían en Narón este domingo no autonómico clasficatorio para o Nacional que se celebrará en Valencia no mes de decembro. As seis ximnastas que competiron están tamén preparando a competición de conxunto de nivel absoluto nas categorías infantil e senior que terá lugar próximamente. Esta tempada foi máis dura que outros anos debido a que, por motivo da pandemia, a competición individual que debería terse celebrado a final do mes de xuño, coincide case coa de conxuntos.

Na xornada de mañá competía o equipo infantil do Club Ximnasia Pavillón Ourense. Noa Codeso Pacios e Paula Martínez Villar defendían corda e aro respectivamente, obtendo ambas a terceira posición. Foi segunda Candela Chaparro Gómez que defendou a pelota. O equipo alzouse coa prata.

Pola tarde competía o equipo sénior do Escola Pavillón. A primeira en competir foi Nerea Sastre Méndez, ximnasta moi veterana (21 anos), que leva só uns meses preparando este individual. Foi terceira co seu exercicio de pelota. Candela Pérez Quintas (mazas) e Julia Cascón (cinta) foron tamén terceiras, mesmo posto que conseguía o equipo.

As seis ximnastas continuarán preparándose para o nacional que será en Valencia no mes de decembro á vez que preparan o clasificatorio de conxuntos de nivel absoluto.
Nesta semana ambos clubs teñen representación en Valencia cos conxuntos cadete (CXPOurense) e alevín base (EScola Pavillón). Poderemos velas na retransmisión en directo o xoves ás 14:56 e venres ás 8:33 respectivamente.