Entregaranse premios aos tres vídeos que máis votos recibirán na web do concello.

Concurso de Tiktok en Barbadás

Un concurso de vídeos de Tiktok dirixido á mocidade pretende que os mozs de Barbadás amosen o seu inxenio e ocorrencia. O concurso de vídeos de TikTok é unha das novidades da programación de Nadal e está dirixido á mocidade de Barbadás con idades comprendidas entre 13 e 30 anos. Entregaranse premios aos tres vídeos que máis votos recibirán na web do concello.

Os vídeos presentados deberán cumprir os seguintes requisitos: o tema a desenvolver no video xirará en torno ao Nadal e con total liberdade en canto a técnica e estilo; a participación pode ser de xeito individual ou en grupo. A presentación feita coa aplicación TikTok.

O prazo de presentación remata o 11 de decembro de 2020. Os vídeos creados enviaranse ao email xuventude@barbadas.es cun pseudónimo, nome completo, dirección, nº de teléfono e idade do participante. No caso dos menores de idade, deberá incluir adxunta unha autorización dos pais ou titores legais.

No asunto da mensaxe debe indicar “Concurso de TIK-TOK 2020”. Na web do Concello, barbadas.es, habilitarase un formulario onde as persoas interesadas poderán votar de maneira telemática entre os días 14 e 21 de decembro de 2020.
Para máis información poden contactar no teléfono 988391526 ou e-mail xuventude@barbadas.es (Espazo Infantil, Parque da Solaina s/n, A Valenzá (Barbadás)
Unha vez se coñeza o/a gañador/a do concurso, comunicaráselle formalmente e publicarase o seu nome na web do concello (barbadas.es).

Entregaranse premios aos 3 vídeos que máis votos recibirán na web do concello. Os premios serán os mesmos para os 3 gañadores (altofalante conectable por bluetooth, auriculares inalámbricos e pulseira de monotorización da actividade). Serán entregados o día 22 de decembro de 2020 na Casa da Mocidade (Rúa do Viso, á beira das Oficinas Municipais da Valenzá).