Colaboran máis de 50 establecementos da cidade.

15 anos do Lapis solidario

Un ano mais, e xa van 15, carrexando ilusión e xoguetes aos nenos mais necesitados. As tendas Juguettos de Ourense e Orixe Publicidade e Comunicación, poñen en marcha esta campaña, na que colaboran máis de 50 establecementos da cidade, nos seus negocios poderanse mercar os lápices, por só un euro, con distintos deseños, máis de 15 modelos diferentes.

En palabras de Avelino Jácome representante de Orixe, “este ano hai mais necesidades que nunca, pero os ourensáns son moi solidarios e estou seguro, que a pesares das dificultades desta pandemia, van a colaborar mais que nunca”. Mostrouse así de esperanzado no arrinque oficial e engadiu: “quero agradecer os medios de Comunicación a sua labor, dando a coñecer esta iniciativa, e como non a cada un dos negocios do comercio local que a pesares de estar en malas condicións nestes intres, fixeron un esforzó para seguir mantendo a sua solidaridade con quen máis o precisa».

A campaña durará ata o 6 de xaneiro do 2021, comentanos Manuel Lorenzo Reguera, gerente de Juguettos Ourense “o obxetivo e chegar os mais nenos posibles, cando menos a tantos coma nos anos anteriores, cotamos coa axuda de moita xente e imolo conseguir”.