A semana que vén comezará o Ciclo de Educación Sexual que o Concello de Allariz realiza, coa colaboración dos centros educativos de Allariz, dende fai varios anos.

Novo curso de educación sexual nos centros de ensino de Allariz

Durante o mes de febreiro, as técnicas de igualdade e de familia da Área de Benestar Social do Concello de Allariz, achegaranse aos cursos de 6º de Primaria do CEIP Padre Feijóo e a 2º e 4º da ESO do IES de Allariz para impartir un novo curso Educación sexual Allariz.

Este ciclo, impartido en tres sesión por grupo, ten como finalidade traballar a partir de intervencións curtas contidos da disciplina sexolóxica relacionados coa puberdade e a adolescencia.
A idea destes ciclos de educación sexual foi acuñada por Efigenio Amezúa. Traballaranse contidos relacionados co feito de ser sexuados e sexuadas, e as implicacións que ten para nos e para as relacións que establecemos para a convivencia.

Reflexionarase durante as sesións sobre os cambios nos corpos e nas relacións derivados deste momento biográfico, e introduciranse nas ideas que aporten un maior coñecemento para axudar a un mellor entendemento de cousas que nos poden pasar, e que inflúen no mozo/a. Ideas como o feito de ser sexuados e diferentes, as ideas de amizade, de gusto polo outro/A, das ideas de parellas, etc.

Todos este contidos traballaranse dende unha actitude comprensiva e de cultivo, entendendo e valorando a diferenza e cultivando así a convivencia, obxectivo final deste tipo de intervencións por parte do Concello.

SOURCE: Educación sexual Allariz