A rúa Luís Trabazos, no barrio das Lagoas, a primeira.

Comezan as obras de conservación e mantemento das beirarrúas

O Concello de Ourense comezou as obras de conservación e mantemento das infraestruturas viarias municipais con diversas actuacións na rúa Luís Trabazos, no barrio das Lagoas, executadas pola adxudicataria do contrato: Petrolam Infraestructuras S.L.

As actuacións centraranse en  beirrarúas e mobiliario urbano no do sector urbano do termo municipal, nun lote que foi adxudicado por un prezo de 1.052.280 euros até o mes de xaneiro de 2023.

O obxecto do contrato é reparar e pavimentar rúas, beirarrúas e espazos públicos destinados ao tránsito de vehículos e de peóns, independentemente do material construtivo: ben lastra, ben louxa, empedrado ou formigón. Concretamente, ocuparanse da reparación de bordos en todo tipo de rúas e beirarrúas; mobiliario urbano afectado polos traballos propios ou que sexan competencia directa do servizo de Infraestruturas (papeleiras, bolardos, varandas).

SOURCE: Obras en Ourense