Por parte de Concello de Ourense e CHMS.

Un sistema de retención de flotantes construirase no aliviadoiro de Ponte Lebrona

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou, na reunión celebrada este 4 de marzo, un convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) e o Concello de Ourense para a construción dun sistema de retención de flotantes no aliviadoiro de Ponte Lebrona, na conca do río Barbaña.

O proxecto coa CHMS ten como finalidade mellorar a calidade das verteduras ao río Barbaña a través do aliviadoiro de Ponte Lebrona. As actuacións consistirán no desmonte da actual pantalla deflectora e a instalación dun equipo de retención de flotantes de tipo reixa fabricado en aceiro inoxidable e dotado dun sistema de limpeza. Tamén se executará un circuíto de control que permitirá elixir o modo de funcionamento do equipo entre manual ou automático. O investimento, que será asumido integramente pola Confederación estímase en 95.000, IVE incluído. Unha vez finalizadas e recibidas as obras, serán entregadas ao Concello de Ourense para o seu mantemento e conservación.

SOURCE: sistema de retención de flotantes