Unhas 15 persoas do sector comercio realizarán un curso para formarse neste tipo de estratexias.

O Comercio de Allariz aposta pola venda online

O Comercio de Allariz aposta pola venda oline. Ao redor duns 15 alumnos pertencentes ao sector do comercio alaricano realizarán este curso de 20 horas ofertado dende a Área de Comercio e Promoción Económica. A formación realizarase a través dunha plataforma en directo, para que os asistentes poidan interactuar coma se dunha formación presencial se tratase.

O programa do curso inclúe; unha análise dos patróns de compra online, cales son as canles para este público máis usadas (Facebook, Instagram, Whatsapp, Emailing, web propia, Marketplace locais) e formación básica nunha ferramenta de deseño fácil e intuitiva (Canva).

O obxectivo é profundizar no valor de cada rede para acadar candanseus obxectivos de marqueting, conquerir o manexo técnico de cada rede e sacarlle partido coma ferramentas profesionais. Todas as alumnas terán a súa disposición tempo de titorías individuais para a resolución de dúbidas .

Dende a Concellería de Comercio de Allariz sinalan que a situación actual provocada pola pandemia vén de acelerar o paso á dixitalización xa coma unha necesidade e creen que iniciativas deste tipo contribúen a mellorar o comercio local para dar un mellor servizo.

SOURCE: Curso venda online Allariz