Xa foi publicado un novo número de Barrios.

Barrios 142

A portada desta edición trae a vacinación masiva contra a Covid que se está a realizar estos días en Expourense -tamén nos hospitais de Verín e O Barco de Valdeorras-. Ademais o Concello de Xinzo cede un local a Cruz Vermella; o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, fai un repaso da actualidade municipal; e a Xunta realizará melloras na Catedral.

En canto as restricións pola pandemia, a Xunta permite, desde este sábado, as reunións de non convivintes en domicilios; ademais prorróganse os controis coa fronteira con Portugal.

Este mes de abril, a biblioteca Nós organiza obradoiros, contos e exposicións. O subdelegado do Goberno en Ourense, Alfonso González reuniuse con membros de Tea Ourense.
Xa se coñecen os límites entre os concellos de Ourense e San Cibrao. A Xunta fai entrega de tres vivendas públicas no casco vello da cidade.

En Xinzo, Concello e Cogami colaborarán para eliminar as barreiras arquitectónicas. Crearase unha nova planta para a xestión de plásticos agrícolas. Unha subvención fará posible o cambio de 4.610 vellas luminarias por LEDs. Concédense, por parte do concello, 54.200 euros en novas axudas para autónomos.

Celanova aproba axudas para autónomos mediante unha modificación de crédito. A Xunta acondicionará a estrada OU-540 entre Celanova e a fronteira con Portugal.

En Allariz, continúan os traballos nas zonas lúdicas infantís; entre eles está a ampliación do parque de Vilanova en 100 m2 máis. Un mapa fará descubrir aos máis pequenos Allariz de forma divertida. O Festival RiR homenaxeará aos personaxes cómicos O Gordo e o Fraco.

A Xunta subvenciona obras de abastecemento, saneamento e depuración, en concellos da provincia de menos de 5.000 habitantes. A Xunta presenta o proxecto Ourense Termal á convocatoria dos plans de sostentabilidade turística. Axudas para a compra de vivendas en dez cascos históricos da provincia.

En deportes, o Cidade das Burgas GLS logra unha importante vitoria diante do Xaloc; pola súa banda, o Envialia volve caer derrotado nesta ocasión diante do Móstoles. E o Sala Ourense lograa vitoria diante do Gijón Playas La Carbayera.
O COB visita esta xornada ao Real Canoe. O Carmelitas vence en Valladolid no primeiro encontro da fase de ascenso.
O Pompeo acolle a fase de ascenso a Superliga 2 de voleibol onde estará o Aceites Abril.
En futbol, o Arenteiro está cada vez máis preto do ascenso.

Artigos, humor, clasificados e moito máis no novo númer de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha

SOURCE: Barrios 142