Desde o outro lado raia

Por que enfermamos?

A saúde está ligada ao ben estar físico e mental. As persoas están a ficar cada vez máis doentes. Por que? É por causa dos xermes? Das bacterias? Dos virus? Das causas xenéticas? Pensemos sobre iso.
Non tes cancro, diabetes, obesidade, refluxo gastroesofágico, dores de cabeza, artrite, etc. pero si, todo é desenrolado polo noso organismo!

Os virus e as bacterias tránsmítense, por suposto. Dúas persoas expostas ao virus da gripe ao mesmo tempo, unha pode enfermar e incluso morrer e a outra continuar sa.
A cuestión é que o corpo non sempre fai aquelo para o que foi crearo, protexer e facer fronte aos ataques dos virus: depende do sistema inmunolóxico. É aquí onde está o segredo, é dicir, se es débil ou forte.
Cando o corpo non reacciona, hai alomenos catro razóns: estamos sobrecargados de toxinas; deficiencias nutricionais; estar expostos e afectados polo caos electromagnético; ou andar con estrés mental e físico.

O estilo de vida occidental ten moito que ver co aumento das doenzas. A comida procesada invadiu o mercado. A toma de medicamentos cada vez aumenta máis e sucesivamente, andamos máis enfermos. Os medicamentos acaban cos síntomas, non tratan a causa. Colócanse toxinas en todo o que comemos. A comida biolóxica ten cada vez menos adeptos. Sabemos e as froitas e vexetais son modificadas xeneticamente para que os cultivos se volvan máis resistentes ás enfermidades, porque ao igual ca industria farmacéutica, o que conta é o diñeiro.

As persoas con cancro teñen un PH moi ácido. Alcalinizar o organismo é fundamental para previr patoloxías. Os alimentos alcalinos soen ter pouco azucre como: frijoles brancos, frijoles de soia, perexil, cilantro, allo, aguacate, laranxa, limón, cebola, cenoria, repolo, nabo e pepino. Tamén débese beber auga cun PH superior a 6 e 7. Evite os alimentos procesados.

Jacklane dixo unha vez que «se foi o home o que o fixo, non deberías comelo». Eu tamén creo que o que comemos debe de axustarse conforme aos deseños da natureza. Os aditivos utilizados nos alimentos son produtos químicos non naturais, tóxicos e procesados e, por tanto, elimínase o seu valor nutricional. O ideal sería comer alimentos completamente naturais, froitos e vexetais de producción biolóxica e así imos recuperar unha «mellor sensación».

João Damião

SOURCE: Por que enfermamos?