Celebrado en Benidorm.

Recibimento aos gañadores da Copa de España de taekwondo

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, recibiu no seu despacho aos gañadores da Copa de España de taekwondo.

Os gañadores da Copa de España de Taekwondo, Ainoha García, medalla de ouro en júnior, 67 kg; María Ferreiro, medalla de prata en júnior, 49 kg; Hugo Maya, medalla de prata en cadete, 49 kg; e Martín Conde, medalla de bronce en júnior, 73 Kg que se desenvolveu a pasada fin de semana na localidade de alacantina de Benidorm.

Gabriel Alén trasladoulle as felicitacións e parabéns de toda a sociedade galega polos resultados acadados, e animounos a seguir competindo, “como un exercicio de superación permanente que ven avalado polo esforzo e o traballo deportivo individual e de equipo”, sinalou o delegado territorial, quen engadiu, “ademais da honra e orgullo de levar o nome de Ourense e de Galicia por todo Estado”.

SOURCE: Copa España taekwondo