As modalidades de formas estarán lugar este sábado, 12 de xuño, e as de combate, o día 3 de xullo.

Ourense acolle os campionatos de Galicia de kungfu moderno

Os campionatos de Galicia de kungfu moderno (nas modalidades de formas e de combate) celeraranse nas instalacións do Pavillón de Os Remedios de Ourense os días 12 de xuño (modalidades de formas) e 3 de xullo (modalidades de combate).

Para minimizar os desprazamentos de competidores, todalas eliminatorias previas fóronse realizando nos respectivos concellos/provincias. Nistes eventos soamente se celebrarán as finais de cada modalidade/idade, quedando un centenar de participantes en cada evento.

Os torneos contarán con tódalas medidas de seguridade sanitaria que os protocolos DXT-Covid esixe. E contará cun aforo do 50% no publico, baixo invitación.Esta edición dos galegos de kungfu moderno serán en homenaxe ó maestro D. José Antonio Parada González (finado o pasado ano), que foi un grande impulsor das artes marciais chinas en Galicia dende principios dos anos 80.

SOURCE: Campionato Galicia kungfu moderno