Novo número de Barrios

Barrios 148

A portada deste número fala do paso atrás que da Ourense en canto ao nivel de restricións pola Covid19. E é que tanto a capital, como Barbadás e Ribadavia subiron ao nivel medio debido á explosión de contaxios que sufren.
En Xinzo de Limia resérvase praza na piscina a través dunha aplicación. En Allariz, concello e Xunta firman un convenio para protexer o casco histórico alaricano. En deportes, o Club Artai triunfou no Campionato de Galicia de kungfu de combate.

A ampliación do CHUO estará en marcha este ano cunha inversión de 120 millóns de euros.Os edís do PP recuperan competencias no Goberno local de Ourense. A Intermodal xa conta cun aparcadoiro para 300 vehículos. Jácome volverá levar a pleno, o día 20, a rebaixa do imposto de circulación.
Contacontos nas bibliotecas ourensás; nove espectáculos na da Carballeira, A Ponte e San Francisco.

En Xinzo, preto dun cento de nenos participan no campamento de verán para a conciliación e o ocio. Remodelarase o edificio multiusos das piscinas. O Estado aproba o recambio da luminaria de Xinzo por iluminación Led. O Concello presentou o programa de actividades para este verán superando a vintena de eventos para todas as idades.

Melloras dos accesos aos colexios de Allariz; realizaranse obras nos centros de primaria e infantil,
mediante unha colaboración coa Deputación. Ata o 26 de setembro, poderase visitar no Museo do Coiro de Allariz, a exposición “En cueros”.
O Concello de Allariz e Universidade de Vigo celebran durante este verán o 10º aniversario do comezo do proxecto Armea.

A residencia San Carlos, premio «Celanova, Casa dos Poetas», polo seu labor durante a pandemia.
Unha campaña une Celanova co Carballiño reparte premios nas dúas localidades. O BNG recolle firmas contra o prezo da luz.
Obradoiros, concertos e máis actividades durante este mes en Celanova.

A provincia acolle cinco rutas relacionadas co viño dos trens turísticos.
Novos puntos de auga na provincia para a loita contra o lume.
Máis de 1.000 accidentes nas estradas ourensás na primeira metade de ano; no tocante aos test de drogas, os positivos superaron o 50%.

En deporte, Jácome quere que Ourense teña fútbol profesional, polo que espera pechar un acordo nas vindeiras semanas.
O COB, que disputará a LEB Prata, ten en Sergio Pérez á súa primeira fichaxe; o ex-xogador será o director deportivo.
A Unión Deportiva Ourense ten a Jorge de Dios como novo adestrador, mentres que Fernando Currás postúlase como o novo presidente.

Artigos, clasificados, Ocio e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha

SOURCE: Barrios 148