Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 151

Na portada traemos o pleno extraordinario do Concello de Ourense do mes de setembro, no que non saiu adiante o cambio de uso da parcela da antiga estación de autobuses onde se pretende facer unha residencia da terceira idade. Ademais iníciase o curso escolar cun descenso de matrículas en Infantil e Primaria. A residencia San Carlos (Celanova) recibe o premio «Celanova, Casa dos Poetas».

O Goberno central licita, por 28,8 millóns de euros o primeiro tramo da Variante norte (1,7 km entre Eirasvedras e Quintela). Os positivos por Covid19 seguen á baixa e a provincia conta con 323, sendo na cidade o maior foco con 132. O concello investirá oito millóns de euros para modernizar 70 parques da cidade. Os libreiros de Ourense quedaron moi satisfeitos da campaña Fomento da Lectura coa que o concello agasallaba a cada menor cun libro -ata 20 euros poñía o concello-.

En Xinzo, Alimagro demostrou a súa razón de ser ao recibir máis de 5.000 visitantes. Presentouse a campaña «No Caminas sola», contra a violencia machista. O Estado inviste 28 millóns nunha serie de actuacións na Limia. Xunta e concello instalará cámaras de vixiancia no parque empresarial.

En Celanova, a obra «Tangaraños», de Tareixa Taboada, xa está na Fundación Curros Enríquez. Este sábado, 18 de setembro, actuación de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre no Mosteiro de San Salvador -Celanova- a partir das 20 horas. Entradas á venda en ataquilla.com.

O martes, 21 de setembro, celébrase no Hotel Oca de Allariz o Congreso Next Generation, organizado pola Asociacion de Jóvenes Empresarios (AJE). A Casa da Mocidade organiza dúas quendas para coñecer as inquedanzas da mocidade, e así buscar ideas entre os usuarios. O FIXA supera os 25.000 visitantes a mes e medio do seu peche.

En deportes, o COB colle forma e xa conta nas súas filas con nove xogadores. A «Arnoia Termal Bike» reunirá a 300 ciclistas, este domingo, de diversas provincias. En fútbol, arrincou a 2ª RFEF cunha derrota e un empate para o Arenteiro. O Sala Ourense supera dúas roldas da Copa Galicia antes da estrea en Liga diante do Leis Pontevedra.

Ocio, artigos, provincia e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha

 

SOURCE: Barrios 151