Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 153

Nesta ocasión, a pandemia volve estar en portada. A Xunta aliviou as restricións case ao mínimo, pero mantendo a distancia social e usando a máscara nos lugares indicados.
Entrevistamos a Iván Pérez, recanteiro representante de Ourense Sur en Luar. Expourense celebra a quinta edición da Feira de Antigüidades Antiq Auria. O COB comeza con vitoria o seu periplo pola LEB Prata.

Axuda Alimentaria distribúe 485 toneladas de comida na provincia. O alcalde; Gonzalo Pérez Jácome, pide á Xunta que aplique a “lei exprés” para construír unha residencia de maiores no solar da antiga estación de autobuses. Un ascenso na Ponte salvará o desnivel entre as avenidas de Marín e de Santiago. Jácome e o alcalde do Pereiro, Luis Menor reúnense para tratar temas que afectan aos dous concellos.

Catro hospitais ourensáns terán maior seguridade viaria nos seus accesos. A redacción do último tramo da ronda leste conta con 16 ofertas. Ecovixiantes de Franciscanas: novo curso, mesmos retos. Arranca a ICC Week en Ourense.

Para este outono están de volta o concurso de «Pinchos de Outono», o Samaín e o San Martiño (este sen o magosto popular).

O Centro Comercial Ponte Vella cumpre 20 anos e o celebra con actividades durante todo o mes de outubro. A revista «Nós, xente do redor» presenta o número cinco.

En Xinzo, novos pozos na Limia para mellorar os regadíos; a Xunta destina 4 millóns de euros para construir 42 novos pozos. O Concello construirá unha senda peonil e carril bici para a Moreira. Conclúe o obradoiro ‘As Veigas V’, no que participaron 20 alumnos no Concello de Porqueira.

Celanova bate récord de visitantes en setembro; para outono-inverno contará con novos horarios para as visitas a Celanova e Vilanova.

Homenaxe a Fernando Fernán Gómez en Allariz. A Sociedade Ciclista Alaricana organiza un obradoiro sobre a bicicleta. O concello adecenta a zona do monte O Xardín.

A CEO estreita lazos coa Tecnópole e coa Deputación con sendos convenios. Piñor contará cun edificio de usos múltiples e as igrexas Santa María de Macendo e de San Pedro de Moreiras sofrirán remodelacións.

En deportes, gran xornada de Doma clásica no hipódromo de Antela. O Envialia logra o seu primeiro punto na Primeira división esta tempada ao empatar co Marín. O concello vén de anunciar que haberá San Martiño este ano limitada a 2.000 participantes. O CanedoRock celebra o seu 18º cumpreanos este sábado, 16 de outubro no Café Cultural Auriense.

Artigos, humor, sociedade, economía e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha

SOURCE: Barrios 153