Durante este Nadal.

O concello instala un parque de aventuras no xardín do Posío

Este Nadal, dende o venres, día 17 de decembro, até o luns, 10 de xaneiro, os nenos e nenas de Ourense disporán dun novo espazo de xogo en familia no Xardín do Posío.
A aventura comeza o día 17 as 16:30 horas. A cativada disporá de dous niveis de dificultade, segundo a destreza de cada quen, nas que terán que sortear un total de 8 pontes, en cada nivel. O nivel máis sinxelo atópase a unha altura de 1,40 metros e o de máis dificultade a 4 metros.
Medidas de seguridade: os circuitos realizanse con casco e arnés suxeitos a un cable de vida continua.

Acceso gratuito: por orde de chegada

Horarios: mañáns de 11:00 a 13:00 horas; tardes de 16:30 a 20:00

O parque permancerá pechado os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 e 5 de xaneiro.

SOURCE: parque de aventuras