Xa está na rúa o novo numero de Barrios.

Barrios 157

As dúas novas máis importantes son a chegada do AVE e as programacións de Nadal dos distintos concellos.

O AVE foi inaugurado por personalidades entre as que se atopaban a Súa Maxestade o Rei, Felipe VI; o presidente do Goberno, Pedro Sánchez; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; a ministra de Transporte, Raquel Sánchez; a vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz; ou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Desde xa, despois de décadas de retrasos, por fin Ourense conta coa alta velocidade e os ourensáns temos a Madrid a dúas horas e 15 minutos. As forzas activas da cidade dan a súa visión da chegada do AVE e o que pode supoñer para Ourense.

Ademais, temos a programación de Nadal dos concellos de: Ourense, Verín, Xinzo, Allariz, Celanova, Bande e Barbadás.

O empresario, José Manuel Díaz Barreiros recibiou a insignia de ouro da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). Nestas datas chegan innumerables actos solidarios como son: a Operación Quilo de Amencer, o Lapis solidario de Orixe Publicidade ou a recollida de xoguetes de Solidaridad Motera.

O Museo Claustro Mercedario de Verín superou a cifra dos 30.000 visitantes. A asociación de empresarios Aever colabora co concello na realización de varias actividades ao longo deste Nadal. En Xinzo, o concello instala sinais de «tráfico» contra a violencia de xénero. A Xunta asina un convenio para construir 42 novos pozos de sondaxe de auga con catro comunidades de regantes.

Allariz aproba os seus orzamentos que ascenden a 6,2 millóns de euros. Este mes, se pode ver na Casa dos Poetas de Celanova a exposición Entre_vistas.

Os menores de 21 anos continuarán durante o ano 2022 coa gratuídade do transporte público; a Xunta destina 4,5 millóns de euros a este fin. A Xunta entrega dúas vivendas públicas en aluguer en Allariz.

A Copa Deputación de kungfu celebrouse no Paco Paz. O hipódromo de Vilamarín celebrou un clinic de doma clásica. O COB suma tres derrotas consecutivas. A UD Ourense é líder invito na Preferente Sur.

Artigos, clasificados, humor, e mái no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha

SOURCE: Barrios 157