A sexta edición terá lugar o 31 de decembro con saída e meta no Paseo.

San Silvestre Ourensá

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza a San Silvestre Ourensá, que percorrerá as rúas da cidade o martes 31 de decembro a partir das 16:30h para despedir o ano 2021.
Poderán participar atletas federados e atletas populares, maiores de 14 anos e realizarase unha clasificación conxunta. Seguiranse os protocolos físicos-covid da Federación Galega de Atletismo e haberá premios aos 5 primeiros homes, ás 5 primeiras mulleres e ao disfraz máis orixinal individual e por grupos.

Inscricións
As inscricións poden realizarse na páxina web https://www.carreirasgalegas.com até o 27 de decembro ás 23:59 h. A cota de de inscrición: é 7 euros. Os dorsais e chips serán entregados o día 30 de decembro de 2021 nun lugar que lles será comunicado aos participantes con suficiente antelación.

Para retirar o dorsal cada participante deberá amosar o certificado de vacinación COVID ou achegar o certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72 horas á celebración da proba, ou presentar certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba.

Percorrido
Serán 5 km, con saída e meta situada na Rúa do Paseo (cruce con rúa Cardenal Quiroga).
A Saída e Meta estará situada no inicio da Rúa do Paseo. Á zona de Saída e Meta haberá que acceder con máscara. Realizaranse saídas de ata 300 atletas simultaneamente. Os/as atletas deberán permanecer na zona de saída coa máscara e deberan saír correndo coa máscara posta, podéndoa retirar transcorridos os suficientes metros que garantan a distancia de seguridade.
A máscara poderá ser gardada polo atleta que a poderá portar durante a carreira, poderá correr con ela se así o desexa ou poderá ser quitada e tirada nos contedores. Realizaranse tantas quendas como a organización estime cumprindo coas medidas de seguridade e control establecidas.

A saída da primeira quenda terá lugar ás 16:30 h. A cadencia entre as diferentes quendas será de 1 minuto,

SOURCE: Carreira San Silvestre