Estará cargado de neve e aventura.

Programación de Nadal en Ourense

O Concello de Ourense quere que este o Nadal combine a tradición con algunha que outra novidade. Por iso, ao tradicional Belén de Baltar (praza San Cosme, ata o 6 de xaneiro), úneselle este ano varias actividades novidosas. Entre elas están a actividade: Contacontas, Pomearios e Contacontos que se celebrarán nos poboados do parque San Lázaro e Bispo Cesáreo (ata o 4 de xaneiro) e un parque de Aventuras ubicado no xardín do Posío (ata o 10 de xaneiro en horario de 11 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas) que será o deleite dos máis pequenos da casa. Ademais, este ano, na praza Maior neva en días determinados (a próxima nevada chegará este sábado 25 de 19 a 20 horas).
O Bus musical percorrerá as rúas da cidade os días 22, 23, 24, 28 e 30 de decembro e o 2 de xaneiro. E o domingo 26 chega o espectáculo itinerante Candore de Bambolea.

Recepcións
Papá Noel e os Reis Magos tampouco faltarán á cita cos nenos ourensáns. O mércores 22, Papá Noel recibirá aos máis cativos nos soportais do Concello (de 18 a 19 horas); e o xoves 23 estará pola rúa do Paseo de cinco a seis da tarde para, ás sete da tarde desprazarse ao Auditorio para realizar un espectáculo cheo de ilusión.
Pola súa banda, os Reis Magos chegan á estación de tren ás 17.30 horas para facer un percorrido, coa súa comitiva, desde as 18 horas.

Auditorio
O Auditorio municipal colle protagonismo nestas datas. E xunto ao espectáculo de Papá Noel, haberá a gala do ilusionismo o domingo 26 de decembro. O mércores 29 chega o espectáculo, para todos os públicos, Quimera.
O día de Aninovo, Ourense pode presumir de acoller o espectáculo do Ballet Nacional Ruso «O quebranoces» a partir das 19.30 horas e a un prezo de 15 euros. O 2 de xaneiro, para o público máis pequeno chega «O misterioso caso de Houdini e a habitación pechada». O martes, 3 de xaneiro, o escenario ocuparao a obra de teatro «Úniko» e pechará a programación navideña a gala de ilusionismo que terá lugar o domingo, 9 de xaneiros.
Todas estas actuacións, agás a de ballet, darán comezo ás 18 horas e terán un prezo por entreda de 3 euros (a reservar en ataquilla).

SOURCE: Nadal Ourense